OPINIÓN SOBRE OS PEDERASTAS NA RED
Este problema, cada vez está máis presente na nosa
sociedade.
Raro é o día que non vemos nos diferentes
medios de comunicación a detención de pederastas os
cales teñen á súa disposición numerosos vídeos con
imaxes desgarradoras...
Sobre este tema hai moitas opinións e bastante diferentes
todas elas, xa que ,algunha xente pensa que a culpa é dos pais porque deixan aos seus fillos conectarse a chats...
(auque en moitas ocasións os pais non saben se o seu fill@ se conecta a un chat) e outras persoas bótanlle a culpa a este tipo de medios de comunicación.
Para min, creo que deberían deixar de pensar en quen ten ou non a culpa de todo
isto e solucionar canto antes este problema que é bastante complicado ,xa que, pra min os pederastas son persoas enfermas e non cambian da noite a mañá por iso penso que a solución se devería centrar na outra parte.
0 comentarios