ACOSO ESCOLAR
Este tema cada vez está máis presente na nosa sociedade e por desgraza cada vez é máis alto a porcentaxe de persoas que sofren este acoso nas aulas dos centros escolares de toda España.
Este acoso cada vez máis presente caracterízase pola humillación e vexación á vítima ( patadas, puñadas, insultos) feitos por un acosador ou varios acosadores que fan que a vítima chegue mesmo a non ter ganas de asistir a clase e a saír á rúa.
As vítimas caracterízanse fundamentalmente por ter unha minusvalía ou por estar interesadas polos estudos, é dicir, "os empollons" que son como os chaman os acosadores para meterse con eles e polo contrario os acosadores caracterízanse por non estar interesados nos estudos e en regra xeral son persoa conflitivas.
Este acoso na maioría das ocasións non se lle dá a importancia que se merece, non só por parte dos membros do centro escolar senón tamén por parte dos pais ,e por iso ,cada vez hai máis xente que sofre acoso nos centros escolares .
0 comentarios